Candy Candy

Candy Candy (no orixinal xaponés: キャンディ・キャンディ: Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977.

A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White. Foi despois adaptada nunha serie de anime por Toei Animation entre 1976 e 1979 que se distribuíu internacionalmente, tornándose moi popular en moitos países.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy